sábado, 5 de noviembre de 2011
NOELIA SOLLEIRO TAMÉN ESTARÁ EN ISRAEL ESPECTÁCULO
Nolia Solleiro destacou no programa Son de Estrelas da TVG no ano 2008 quedando en segunda posición e tamén destacou desde fai varias temporadas na verbena formando parte de orquestras como Cinema ou Marbella, esta última da que procede para comezar unha nova etapa en Israel Espectáculo.
Xa sabemos que Israel Espectáculo se presentará na gala de fin de ano da TVG, coñecemos parte da formación instrumental e xa sabemos tamén o nome da cuarta vocalista que acompañará a Tamara Naje, David Carrasco e Julman Flores. Pero ademais, agora adiantamos que a orquestra sumará no seu plantel unha nova vocalista máis que daremos a coñecer xunto cos cinco músicos que faltan por desvelar nos próximos días.
Algo grande está nacendo... Israel Espectáculo 2012.
www.israelespectaculo.tk
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario