lunes, 20 de agosto de 2012

NOVO CD "LO MEJOR DE GALICIA"


Sito Mariño Espectáculos saca ao mercado, coincidindo coa temporada de verán, un novo recopilatorio de música de orquestra.

Neste caso, o cd que leva o título de "Lo mejor de Galicia" conta con diversas cancións de:

Israel
Los Satélites
Trébol
Los Trovadores

Os temas que se poden desfrutar son "Playa de la Lanzada", "Linda Carmiña", "Que bonito el matrimonio" (Los Satélites), "La vida sigue igual", "Resistiré", "Mix Pop 80´s" (Israel Espectáculo), "Amigo mío", "O Cabalo", "Bailando con la Trébol" (Trébol), "Calle Elvira", "Demasiado mujer" e "Quien me va querer" (Los Trovadores).

Se estás interesado/a en conseguir este CD podes informarte contactando no teléfono 981 500 494 ou no correo electrónico info@sitomarino.com

viernes, 15 de junio de 2012

CLAXXON SACA UN CD AO MERCADO

O grupo Claxxon saca ao mercado un novo traballo discográfico no ano no que a formación nace e se estrea nos escenarios.



Os temas incluídos neste CD son un claro exemplo do estilo musical e personalidade do grupo: 
1. Love is forever
2. Tan enamorados
3. Perdóname
4. Mi Buenos Aires Querido
5. Devórame outra vez
6. Mix
7. Unchained Melody
8. Englishman in New York
9. Don´t stop me now
10. Rock and Roll

Xa podedes conseguir un exemplar en calquera actuación de Claxxon na que, ademais, se pode desfrutar do impresionante montaxe de luz e son.

Máis información en www.claxxon.es

lunes, 21 de mayo de 2012

SOLARA SACA UN NOVO DISCO AO MERCADO

Un CD de dez temas interpretados pola orquestra Solara acaba de saír ao mercado baixo o título "Bailando con Solara". Neste traballo discográfico para o 2012 a formación escolleu as seguintes cancións para levar o ritmo da verbena ás nosas casas, ao coche, ao traballo...

Américo Mix
Banda XXI Mix
El Hijo del Granadero
Gipsy Kings
Bombero Mix
Guitarra con alma
Mariachi Mix
Valses Mix
Enséñame a cantar Mix
Baladas

Xa podes conseguir un exemplar en calquera actuación da orquestra, achegándote ao posto de sonido. Os distribuidores discográficos xa poden realizar as súas encargas no teléfono 981 500 494.

Pronto teredes máis información en www.orquestasolara.com


NOVO AFICHE PARA A ORQUESTRA AÑORANZA