A orquestra COMPOSTELA está de loito e todo o resto do mundo da verbena. O fundador da mítica orquestra descansa en terras de Santiago de Compostela, cidade que lle debe, entre outras cousas, a letra da SD Compostela.
Pero non queda orfa só a formación musical ,senón tamén PILI PAMPÍN ou SABELA. Voces que el sacou á luz.
A veterana orquestra COMPOSTELA gravou co mestre Muñiz máis de 500 cancións (Mirando hacia la bahía, Cousas da vida ou multitude de popurrís galegos son só algúns exemplos) e fixo infinitos quilómetros por terras galegas, españolas e tamén en América amenizando noites a milleiros de emigrantes galegos ao outro lado do charco.
Foi o responsable de máis de trinta himnos de diversa índole o que o converteron, quizais, no máis emblemático representante do mundo da música na cidade compostelá.
Galicia, terra meiga, interpretado por ANA KIRO, foi un dos seus maiores éxitos e converteuse nun gran tema do que se venderon máis de 100.000 copias e que lanzou a cantante arzuá cara o triunfo.
O Mestre descansa xa pero o seu recordo permanecerá por sempre cada vez que un tema seu volva a soar en calquera verbena.
A parte de todas estas facetas, como seguramente saberán moitos, tamén foi axente artístico e para min, foi o mellor.
ResponderEliminarFrancisco Calo.
D.E.P