Sito Mariño Espectáculos convoca o primeiro concurso “Foto&Festa” pretendendo facervos partícipes das festas do verán 2011 e propoñer unha nova alternativa para desfrutalas mediante este certame que presenta as seguintes bases:
1. As fotografías deberán ser orixinais e creadas do 1 de xuño ao 30 de setembro de 2011 en festas donde participen as orquestras e grupos de Sito Mariño Espectáculos.
2. As imaxes deberanse enviar a sitomarinoes@gmail.com cos seguintes datos: título da foto, nome e apelidos do autor/a, enderezo completo e número de teléfono de contacto.
3. As fotografías deberán ser enviadas antes do día 30 de setembro de 2011. Cada persoa pode enviar ata un máximo de 3 fotos.
4. As fotos serán publicadas no Facebook e no Blog de Sito Mariño Espectáculos co pleno consentimento dos autores/as.
5. Estabécense tres premios para as tres mellores fotografías que consisten en cadanseu lote de agasallos (cd´s, postais,…).
6. O xurado estará formado únicamente polo administrador do Blog de Sito Mariño Espectáculos que valorará os seguintes aspectos:
· Calidade da imaxe, 0 a 3 puntos
· Orixinalidade, 0 a 3 puntos
· Número de público que apareza na imaxe, 0 a 2 puntos
· Se na imaxe se ve de forma clara que na festa actúa unha orquestra ou grupo do catálogo de Sito Mariño Espectáculos, + 2 puntos
7. As tres fotografías que sumen máis puntos serán as gañadoras, quedando as mesmas en propiedade de Sito Mariño Espectáculos (Trébol Musical, SL) para a súa posible explotación (campañas publicitarias, internet…).
8. O fallo do xurado será inapelable.
9. A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario