DESPOIS DE SER PROTAGONISTAS NOUTROS PROGRAMAS COMO "TANTARANTÁN" OU "VAIA TROULA", CHEGA "BAMBOLEO" NO QUE PARTICIPAN DEZ FORMACIÓNS DE SITO MARIÑO ESPECTÁCULOS
BAMBOLEO é un programa con música e baile, presentado por Xosé Manuel Piñeiro na Televisión de Galicia os sábados ás 22:00 horas.
No estudio de gravación distínguense cinco sets, cunha presenza de público próxima ás 200 persoas, e diferentes actuacións con artistas das máis variadas procedencias e experiencia.
Neste novo programa, dirixido a unha audiencia de todas as idades, gozarase da música de grupos pop galegos do máis actual e en voga, como "Eladio y Los Seres Queridos" ou "A Tuna Rastafari", que acudirán nos primeiros programas.
Tamén poderase desfrutar das orquestras máis importantes de Galicia:
LOS SATÉLITES, TRÉBOL, LOS TROVADORES, CAPITOL, RITMO JOVEN, COMPOSTELA, PASSARELA, PRINCIPAL, LOS ESPAÑOLES e SOLARA,
e os sons de artistas de fóra, como David Civera, Merchi ou Andy & Lucas.
En total algo máis de dúas horas de programa, onde destacarán enxeñosas seccións: Agora ou Nunca ofrece unha última oportunidade para que sobresaian artistas descoñecidos en televisión; Dirty Dancing propón un baile interxeracional, con exhibición de bailes de salón; Ghaliñeiro son vídeos divertidos extraídos da Rede; A ITV do Amor é un test para parellas de namorados que pensan casar ou ir vivir xuntos; Falabarato achega bromas con cámaras ocultas, e Faino Ti converterase nunha divertida proposta de intercambio de tarefas para parellas consolidadas.
PROGRAMA NO QUE ACTÚA A ORQUESTRA LOS TROVADORES:
PROGRAMA NO QUE ACTÚA A ORQUESTRA LOS SATÉLITES:
No hay comentarios:
Publicar un comentario