RENACE A ORQUESTRA ISRAEL
Sito Mariño Espectáculos prepara para a vindeira temporada 2012 o esperado regreso á verbena da orquestra Israel, Espectáculo Internacional que comezará unha nova etapa con quince artistas en escena, unha gran montaxe e un magnífico espectáculo.
A contratación da famosa formación xa está aberta de cara ao ano que ven, de feito xa pechou varias fechas para actuar.
O noso empeño será que o nome de Israel manteña o prestixio de sempre adaptándose á actualidade cunha posta en escea, un repertorio e un contacto co público á orde do día. Israel, Espectáculo Internacional traerá moitísimas sorpresas a quen o siga de cerca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario